Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avion. So ela sobreviviu. A partir dese traxico suceso, a sua vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente e de cor negra: case sempre esta abatida, irascible ou triste. E, a miudo, sentese vapor: coma se transitase entre a realidade e a irrealidade. Desde o accidente, a sua existencia esta estreitamente vinculada a un segredo. Ela e o seu segredo son inseparables. Algo inconfesable ocorreu naquel avion sinistrado. Que foi o que pasou? Por que so se salvou Helena? Cal e o seu segredo? Vapor comeza no momento en que Helena decide coller folgos e confesarlle todo a Nathan, o seu mozo. Pero non recibe a resposta agardada: sae correndo e deixaa plantada. Ela derrubase e sentese, mais ca nunca, vapor. Esta farta. Por moito que o intenta, non consegue encontrar nin unha pequena luz que a guie entre as tebras que tinguen a sua vida. Unha vida que Helena desexaria pintar de verde, a cor da esperanza.