O texto de Unha nacion no mundo. A razon resistente abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, Galiza no Absolutismo , considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberacion da sociedade das tropas napoleonicas. Na segunda, A nacion politica contemporanea , estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do seculo XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Rexime unha dominacion perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. A altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacions da Revolucion Industrial. Era o pais mais populoso entre os da Peninsula e das Illas. No tempo contemporaneo o Estado espanol negou a identidade historica e cultural do pais; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigracion dramatica e marxinou as actividades economicas do pais galego, provocando unha gravisima caida demografica. Malia todo, manifestando a fortaleza dunha sociedade asaltada , en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superacion do grave problema demografico, conta cunha economia desenvolvida e particularmente exportadora. Nacion pola historia, o vigor economico e social e a extension universal da lingua propia, partillada con multiples paises, e quen de asumir o autogoberno como nacion, como nacion no mundo.