Gå direkte til innholdet
Os tres de nunca
Os tres de nunca
Spar

Os tres de nunca

Les i Adobe DRM-kompatibelt e-bokleserDenne e-boka er kopibeskyttet med Adobe DRM som påvirker hvor du kan lese den. Les mer
Entre frecuentes alusions a Castelao, a quen se homenaxea no propio titulo, Os tres de nunca e a historia do Bocoi, do Patacon e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formacion, traballo, mesmo aparencia fisica, aos que decontado separara a Guerra Civil. Tratase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saindo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruna e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non e este un relato sobre a Guerra Civil: cruzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... Paris, mais non se deten nela, senon que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, a marxe de toda epica, para deterse na equivoca actitude dos gobernos britanicos fronte ao franquismo. E esta tamen a historia de como guerra e politica transforman os seres comuns, como unha boa persoa chega a converterse nun infame sen dubidar que esta a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienacion acaban por estragar os nobres ideais. A intervencion do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades. Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, situa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre seculos.
ISBN
9788491211419
Språk
Galisisk
Utgivelsesdato
19.1.2017
Tilgjengelige elektroniske format
  • Epub - Adobe DRM
Les e-boka her
  • E-bokleser i mobil/nettbrett
  • Lesebrett
  • Datamaskin