Gå direkte til innholdet
O ultimo dia de Terranova
O ultimo dia de Terranova
Spar

O ultimo dia de Terranova

Forfatter:
Galisisk
Les i Adobe DRM-kompatibelt e-bokleserDenne e-boka er kopibeskyttet med Adobe DRM som påvirker hvor du kan lese den. Les mer
A libraria Terranova e un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de naufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emocion, onde de supeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidacion total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia ( O meu corpo e un manifesto! ), revive a propia historia e a da libraria, mentres tenta facer fronte a especulacion e ao que el chama o Imperio do Baleiro. Terranova e un lugar de emocion e memoria. Foi porto de desembarco de libros desconecidos ou prohibidos, unha especie de Itaca entre Europa e America, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as botellas ao mar do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e bauis de emigrantes. E sera tamen o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garua, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformara a vida de Terranova en tempos da chamada Transicion, ainda perigosos e de gran incerteza historica. Galicia, Bos Aires, Madrid, Paris, Lisboa..., xunto ao Pulmon de Aceiro, a Camara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Lina do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamen pertencen a xeografia intima da libraria Terranova. O ultimo dia de Terranova e unha novela de enxeno multiforme onde confluen os xeneros literarios entrelazandose a serie negra, o humor da poetica surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraria Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecibel.
Forfatter
Manuel Rivas
ISBN
9788499149547
Språk
Galisisk
Utgivelsesdato
19.11.2015
Tilgjengelige elektroniske format
  • Epub - Adobe DRM
Les e-boka her
  • E-bokleser i mobil/nettbrett
  • Lesebrett
  • Datamaskin