Aldara e Paulo pasan as vacacions de veran cos seus avos na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avo contalles a sua aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, a altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montana de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avo para baixar a cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid 'Is de Agustin Agra obtivo o Premio Merlin de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantastica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos mais salientables a fermosa recreacion de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia arturica, a recuperacion da oralidade, a creacion toponimica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, pais de Alenmar...), o emprego dun lexico rico, inzado de referencias literarias e mitoloxicas, a reinvencion de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muineiras de auga para que lle leven a tristura).