Todos os pobos sentiron a necesidade de posuir unha Historia que lles permitise fachendear diante dos vecinos. A de Espana foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos seculos XIX e XX. A sua sintese sera transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: Espana e unha unica nacion cunha Historia comun que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Catolicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nacion mais antiga de Europa. Con esta deturpada informacion historica ficou a case totalidade da poboacion. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e alguns historiadores espanois sabian perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tinan que contalas, iniciandose, xa neste seculo, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construcion historiografica dunha maneira orixinal, xa que o seu fio condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podia ficar a marxe desta historiografia.