Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpiadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazanas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron a categoria de heroes e heroinas con letras maiusculas, polos logros acadados ou porque as suas proezas abrian caminos antes inconcibibles. O elemento en comun dos relatos que conforman estas Xestas olimpicas e o esforzo, as veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiracion e estimulo a xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a sua afeccion, a sua paixon... Ou, por que non, o seu modo de vida.