Este novo libro de Manuel Rivas conten tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo historico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do dineiro sucio e da corrupcion. Mais tamen son historias que nos mostran a condicion humana situada no limite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En O medo dos ourizos , dous mozos marineiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotrafico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En Vivir sen permiso , Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilicitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo intimo, inesperado e invencibel. En Sagrado mar , un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non so co sistema carcerario, senon tamen co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea. Vivir sen permiso e outras historias de Oeste e un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Ali onde a cuestion final non e tanto ter ou non ter poder senon ter ou non ter liberdade.