As tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a sua copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque habia exame a segunda hora. Xiao caia co sono e pasou a noite no meu cuarto, na mina cama. Erguemonos as oito e media e saimos os dous en direccion ao campus. A cidade notabase distinta, triste. Despois, na cafetaria da facultade, soubemos que houbera tres mortos e corenta e seis feridos na discoteca Clangor da Rocha, na periferia de Compostela. Enton lembrei que a primeira vez que me escondera na cabana de madeira tina oito anos e mina nai acababa de morrer. O narrador protagonista de Ventre de madeira acode ao arquivo da sua memoria e pon por escrito todas as responsabilidades e medos que o impregnan para crear unha novela refuxio, unha novela cabana que lle permita gorecerse da intemperie.