A finais de xuno de 1986 Bibiano sae de Mexico para regresar a Galicia, a sua terra natal, que non pisa desde hai medio seculo. Ese mesmo dia, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na sua casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da sua xuventude. Agora pretende velo para oir dos seus labios as explicacions que leva demasiado tempo agardando. Vemonos mana e o relato da sua relacion e das circunstancias singulares que mudaron as suas vidas, pero non conseguiron cambiar os seus ideais. A historia dunha muller que coneceu o triunfo e a represion das suas ideas e que loitou incansablemente, sen darse nunca por vencida. E, ao mesmo tempo, o retrato dun home que sempre considerou que a ciencia debia estar ao servizo do progreso e da dignidade humana e que pagou un alto prezo polas suas conviccions. Vemonos mana presenta nun mesmo plano a resistencia valente e silenciada das vitimas e as accions publicas de quen puxo toda a enerxia en combater a represion. Unha impactante historia de amor e compromiso que amplia o enfoque da loita pola liberdade para mostrarnos o protagonismo feminino na retagarda como a outra cara do ardor belico na batalla. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall, que se le co magnetismo da ficcion mais trepidante.