Naquela mana de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, caminaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facia chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardabao o bispo Berenguel de Landoire coa intencion de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na sua loita contra os que pretendian apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de vino quente, obrigara ao picaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigacion coa intencion de conecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto e unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrucion historica da vida e das intrigas politicas da Galicia do seculo XIV, que supon, ademais, a consolidacion do personaxe literario de frei Samuel, un dos mais singulares e divertidos da nosa narrativa actual.