Un peixe no parque e un atlas de vidas en combustion, de faiscas acesas debaixo da borralla. A medio camino entre a novela e o libro de relatos, Ramon Vilar Landeira ofrecenos unha narracion ateigada de ironia e humor, que trata das parellas que os sabados cean sushi diante da television; das pintadas mais insidiosas no vater da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camions que venen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos telefonos mobiles. Un peixe no parque e ficcion cosida coa vida cotia, que non esquece as contradicions, silencios e esgazamentos da condicion humana; ficcion na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo da no rostro e no corazon ao decatarnos de que todo cambia.