O inspector de segunda, Xose Sanchez Pereiro, enfrontase ao primeiro caso importante da sua carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruna, presidido enton por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzabal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, esta a punto de atropelar un home estrano, unha figura extravagante que aparece de supeto no medio da calzada e que axina esperta a sua curiosidade. Ambientada na Galicia preautonomica de 1980, "e;Un home estrano"e; e unha novela que pretende contribuir ao conecemento de toda unha epoca, a chamada Transicion, a partir dunha tripla indagacion identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigacion sobre unha determinada concepcion da loucura (a mais romantica de todas, como parte do conflito inevitabel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola sua diferenciacion nun clima de grandes esperanzas pero, tamen, de moitas doses de inxenuidade. "e;Un home estrano"e; e a segunda entrega da serie, iniciada por "e;A antesala luminosa"e; e protagonizada polo policia Xose Sanchez Pereiro, que, en clave de xenero negro ainda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apendice insolito e formato de novela, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.