Dende a desaparicion de Natalia os pais de Anton xa non lle deixaban baixar o lixo a noitina. Parecia incribel que a sua vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramatico en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparicion de Natalia, companeira de clase de Anton, correra como a polvora por toda a praza da Bichoca. O sabado, ao dia seguinte de desaparecer, xa o sabia todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ia en serio.