Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saiu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao futbol co resto dos rapaces, esta sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Esta aburrido e amolado. O peor e estar amolado, e estao, porque cando queria xogar Rober chimpoulle: -Ti non xogas! Non houbo ninguen que lle dixese a Rober que iso non se podia facer, que todos poden xogar e ninguen ten dereito sobre os demais. Por iso Suso esta amolado, porque non soubo que facer.