Na cidade de Audierna os distritos ricos estan reservados para os guendos e os pobres para os mallumas, duas comunidades afastadas polo odio e a discriminacion. Unha guenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a sua adolescencia na casa da Mastrina Xaoven, unha vella profesora de musica. A inicialmente dificil relacion coa sua mestra cambia cando a Mastrina lle propon un trato: contaralle unha historia a cambio de que Guiomar aprenda a tocar a klavia. A partir de enton, despois de cada clase, a Mastrina narralle unha fantastica aventura que comeza cando Atika, unha rapaza guenda, asiste de incognito a un concerto nun distrito malluma. Atika perde o tren de volta a casa e vese na obriga de ir canda Fuco, un neno da rua empenado en saber por que a cidade esta inzada de alacrans. As suas pescudas levaos a descubrir a existencia dun mundo soterrado, Nigrofe, onde un gran perigo ameaza con destruir todo canto conecen.