Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a sua mellor amiga, tentara suplir o oco que deixa unindose irremediablemente a sua irma xemelga, MX, quen fuxira da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa union medrara con elas nunha relacion amorosa de cimentos fraxiles, pero a incognita da desaparicion atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu. A traves dunha voz literaria rotundamente persoal e fascinante, Miriam Beizana construe unha historia subxugante, escrita con extrema delicadeza: a da estrana e imantada relacion que se establece desde a infancia entre Emilia, Celia e MX. A soidade das nenas descobre para a literatura galega unha voz poderosa e orixinal.