Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sanchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formacion profesional. A sua reiterada mala conduta, as suas amizades sorprendentes, a sua obsesion pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as suas absurdas reaccions, unidas a vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente o profesorado e os seus companeiros. Moni e unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer.Moni, o protagonista de Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente.