Unha cadela que acompana a dous cazadores descobre un cadaver no monte. E o cadaver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axina aparecen alguns sospeitosos. Pero nesta novela, ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, o asasinato non o invade todo, senon que queda inserido no traballo habitual e cotian dos funcionarios. Os policias continuan a falar das suas cousas, chancean mentres agardan a chegada da xuiza e o inspector da cientifica intercambia receitas de cocina coa forense ao tempo que examinan o cadaver. Porque, como di un dos personaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. Soamente unha vez e unha orixinalisima novela policial de Jose Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos topicos novelescos do xenero onde abundan os policias corruptos, alcolicos e agresivos importados da literatura e do cinema americanos.