Ticho e un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a sua irma Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbon e a irma fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. E a unica saida que tenen para sobrevivir na Republica de Ocidia, un pais gobernado con man de ferro por un ditador tan extravagante como sanguinario. A vida de Ticho estara marcada por ese traballo inhumano para un rapaz, pola ausencia da nai e por buscar na fantasia a valvula de escape a unha realidade tan atroz. Poderia ter sido a biografia cotia de millons de nenos e nenas en todo o mundo, pero Ticho cruzarase cun trasno na mina onde traballa e ese feito revolucionara a sua existencia e a da sua xente. E non, isto non e un conto marabilloso.