O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, a altura do marco numero 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randin e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista sera a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripara unha pistola e unha carteira na que atopara a fotografia dunha moza, unha carta remitida desde Canada e tres follas manuscritas, material que agochara na casa dun familiar. O mesmo dia, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibironse instrucions encriptadas para que o persoal diplomatico do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia aleman, comezara neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espias na procura destes documentos que sera decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalisima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, Garcia Mana consolida a sua mestria como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.