E unha novela clasica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmans orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,ponense en contacto cos "e;rapaces do pasado"e; para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muino da parroquia de Loreda e descobren, gracias a rede informatica universal, un plano para domina-lo mundo, e loitaran o longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axina descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulacion xenetica, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnoloxicos que esta desenado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentacion humana. O redor desta noticia comezan a aparecer novas informacions que os alertaran sobre unha posible ameaza.