O rio da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da sua xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axina aparecera un fogo destrutor, as labaradas do odio... Asi comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun periodo que vai do 1881 deica os nosos dias, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, poderia levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luis Vives transmitiu a Erasmo: "e;Non se pode falar nin calar sen perigo"e;. A protagonista principal e a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os osos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe belica e o latexo dionisiaco da fala popular. A linguaxe dogmatica da relixion e a fala carnal e erotica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camino interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicabel historico. A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes orbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamen no entrelazar de xeneros, cunha orbita maior, a ficcion narrativa a xeito de thriller, no que o caso central e a historia dramatica da cultura, que conten en circulos concentricos a poesia, o ensaio historico, a cronica xornalistica, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamen que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e ven entre os territorios da dor e o gozo erotico.