Con O tradutor de sombras , volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes a actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnotica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na traducion un refuxio contra as suas propias pantasmas. Ao longo da sua crise interior, ira entregandolle a palabra a personaxes tan relevantes que desenaran a arquitectura coral de O tradutor de sombras . Coneceremos a Nestor, as suas vivencias politicas e a traxedia persoal que o envolve; vibraremos con Camila Ferro e coa sua turbadora historia de amor e morte; latexaremos coa experiencia psiquiatrica de Arcadio Corbal e atravesaremos a face mais esgazadora da doenza mental nas voces tremulas de Ines Lostre e Simon Cibeira. Fondamente marcada polo ritmo -unhas veces sosegado; outras, frenetico e mesmo, en ocasions, aloulado- na novela despregase nunha polifonia de tons diversos e disonantes que acadan a harmonia no conxunto final. A confirmacion dunha autora que con O tradutor de sombras presenta unha orquestra poderosa contra a morte e o esquecemento.