Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En O retorno dos homes marinos rescata un mito corunes esquecido: As veces tenense visto nesta praia alguns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fora que tenen mans e pes un pouco tortos por razon de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellarense tanto aos homes, chamanlles homes marinos. Tal escribiu Jeronimo del Hoyo, coengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruna no seculo XVII. A senora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes marinos. E Mercedes, que tamen e a protagonista da novela A gran travesia de Chiruca Macallas , traballa nun taller textil. E heavy e sona con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, mais forte que o boureo das maquinas, sente unha voz que a chama: a cancion do mar do Orzan.