Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuizos lastren o seu destino. A traves das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiracion incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxenitor. Esta novela conducenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotias e os seus pasados, vidas nas que tamen se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres. "e;O que non sabias"e; e unha historia intimista, calma, de miradas significativas, de contrastes e paixons. Unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un dia levou.