Por vez primeira un libro centrase en recoller e explicar testemunos da represion linguistica en Galiza ao longo dos seculos, coa divulgacion de moitos documentos pouco ou nada conecidos. Nas suas paxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 ate 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o metodo do anel etc. Abrimos un camino para o estudo das multas franquistas por "e;hablar al publico en gallego e das inspeccions por exagerado acento gallego"e;. Revoltamonos coa profanacion da lapida de Alexandre Boveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares ineditos que perseguian o galego no seculo XVIII. Detemonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca espanola no Setecentos decidiu non imprimir as "e;Cantigas de Santa Maria"e; por achar extravagancia y mal gusto a poesia en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixienico. Ollamos o caso do taxista que perderia o traballo se en 48 horas non rotulaba "e;Rianjo"e; no seu vehiculo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educacion expedientaba e exhortaba a repudiar o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzamonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para asi podermos entender como chegamos ate aqui e como podemos ganar o futuro para a lingua que nos une.