Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traballo fanlle pagar caro o feito de ser muller. Onde esta a sua fortaleza? A fortaleza das mulleres non sempre e igual. A unhas saelle pola boca, polos brazos. A outras meteselles dentro e moveas de maneira instintiva. Hai a quen lle custa atopala, sacala a luz. Pero ao final sempre acaba por sair. As veces o detonante e o simple feito de decidir o lado do que dormes. As veces hai que deixar de resistir e require un cambio. Esta novela vaise entretecendo coas dubidas e seguridades dalgunhas mulleres. Mulleres que se unen coma nunha araneira, apertandose para protexerense. Mulleres que loitan e, as veces, ganan batallas. Non sempre.