Que papel tenen as historias na nosa vida? Somos o que contamos? Poden os muinos, ainda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resistense a ser tratadas como personaxes; os contos autenticos, parte enguedellanse cos inventados, se e que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temian encontros mais perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros so tenen a aparencia; da voz dunha viuva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasia; dos nomes gardados baixo a lingua a muller que convoca as avesporas como ultimo recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro e un canto ao poder das palabras que, como na historia de Ali Baba, poden chegar a fender montes.