O bosque, eido primario onde a natureza impon o seu poder, esta a ser penetrado por hordas de refuxiados de guerra. Proceden da Cidade, trasunto de civilizacion sepultada baixo a barbarie. Dous irmans-paradigma, Hans e Greta, encarnan de seu a aprendizaxe da crueldade e o asedio a inocencia. Obra polimorfa, de multiples rexistros (do western apocaliptico ao relato de iniciacion) que se ensamblan nunha estrutura de sinfonia atonal. Novela de limites, de cuestions definitivas, da man dun autor que concibe a literatura como laboratorio de experimentacion artistica e discurso indagatorio no bosque do real.