Siirry suoraan sisältöön
  1. Kirjat
  2. Lasten- ja nuortenkirjat

O baul dos contos esquecidos

O baul dos contos esquecidos e o resultado dun coidadoso proceso de creacion onde relato, ilustracion, correccion e maquetacion se entrelazan para explorar a profunda relacion entre educacion e saude, conecemento e amor. Tomando como guia a frase de Bertrand Russell: A boa vida e unha vida inspirada polo amor e guiada polo conecemento , este libro pretende abordar temas de saude actuais como a morte, a xestion emocional, a comunicacion terapeutica e o estigma na saude mental. Grazas a personaxes imaxinarios como a ratina Serotonina, o mosquito Estigma e a londra Faiscas, invitase a lectores de todas as idades a somerxerse en emocionantes aventuras literarias que buscan fomentar unha vida mais plena e consciente. Confio en que o esforzo dos que fixeron posible este libro atinxa o seu obxectivo e nos impulse a ser mellores persoas. VALORES IMPLICITOSEste libro invita ao lector a cultivar a empatia, o respecto pola saude mental e a apertura perante temas como a morte e as emocions. Ademais, impulsa a xestion emocional, sublina o poder da comunicacion e as palabras e, a traves de personaxes encantadores, fomenta a comprension mutua, a curiosidade e o crecemento persoal. A sua aspiracion: fundir ciencias, letras e artes nunha experiencia enriquecedora.

ISBN
9791388150272
Kieli
galicia
Julkaisupäivä
14.5.2026