Unha nena moi lista, un mozo belisimo con as de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle esta aprendendo a bicar con lingua, un irman ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un atico fronte ao mar e longas e calidas noites dun veran no que a nena comeza a ser muller... O amor, a morte, o Alen, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor caracteristico. Marina Mayoral, herdeira dunha tradicion literaria galega que vai de Rosalia a Cunqueiro, ofrecenos con O anxo de Eva unha das suas novelas mais logradas e de engaiolante lectura.