Antonio escribe banado en lagrimas nun xelido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazons detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a neboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparicion da neve. Castro quere conecer a terra dos seus devanceiros e a noite antes de partir un irlandes canta onda unha fiestra cos ollos incendiados. Vidas que se adhiren a conciencia conformando unha familia de voces que poboan o dia a dia dun hostal de cuartos compartidos no centro da cidade onde o ronsel das suas presenzas desaparecera, empurrado polo incesante ir e vir doutros viaxeiros. Ganadora da XXIV edicion do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, o xurado salientou de Non o saben as estrelas a sua orixinalidade tematica e o caracter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente .