Siirry suoraan sisältöön
Non hai noite tan longa
Non hai noite tan longa
Tallenna

Non hai noite tan longa

Lue Adobe DRM-yhteensopivassa e-kirjojen lukuohjelmassaTämä e-kirja on kopiosuojattu Adobe DRM:llä, mikä vaikuttaa siihen, millä alustalla voit lukea kirjaa. Lue lisää
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en Paris desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a sua vila natal, e nunca mais volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a sua morte, en 1972. So trinta e dous anos despois, o falecemento da sua nai e o que o forza a regresar. Enton, comprobara que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa anima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clasicos, inseridos nunha narracion de escrita transparente que flue coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das tecnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagacion moral e unha acida ollada critica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia proxima: os ultimos anos da ditadura e os primeiros do seculo XXI. Mais tamen, como acunou Shakespeare nunha das pasaxes mais citadas de Macbeth - Reunide todo o animo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en dia -, esta obra propon unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperacion da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguen indiferente.
ISBN
9788499144566
Kieli
Galician
Julkaisupäivä
3.12.2012
Formaatti
  • Epub - Adobe DRM
Lue e-kirjoja täällä
  • Lue e-kirja mobiililaitteella/tabletilla
  • Lukulaite
  • Tietokone