Siirry suoraan sisältöön
  1. Kirjat
  2. E-kirjat ja äänikirjat

noite enriba

Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da epoca dourada do xenero negro nos EEUU, emprende a sua obra mais ambiciosa: a redaccion dunha biografia novelada do autor norteamericano, reivindicado durante decadas polos filosofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura popular, outorganlle os azos suficientes para acometer un proxecto no que debe concentrar toda a sua potencia creativa, mais axina comezan a xurdir as dificultades. Construida a traves de multiples elipses e saltos no tempo, A noite enriba presentase como unha novela ateigada de homenaxes literarias que reflexiona sobre a propia actividade do escritor. Transita tamen, da man de policias corruptos ou traficantes de droga, por un orixinal itinerario narrativo que levara das ruas de Ourense a Filadelfia natal de David Goodis, cidade na que o atormentado protagonista desta historia tentara rematar a sua obra definitiva. Afondando no seu estilo depurado de tramas cruzadas e economia narrativa, Ameixeiras homenaxea en A noite enriba os autores clasicos do xenero das decadas de 1930 e 1940. Unha excepcional novela negra na que se reflexiona sobre os limites do xenero e da sua modernizacion radical.

ISBN
9788499149486
Kieli
galicia
Julkaisupäivä
12.11.2015