Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacions de veran na casa da avoa foron un autentico terremoto na sua vida e lle axudaran, dende enton, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentira o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Ali atopara, tamen, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafia apertada e unha selecta biblioteca que a levaran a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustin Fernandez Paz, aborda un tema que hoxe esta en primeiro plano, como e a recuperacion das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, asi como a necesidade de que as novas xeracions descubran esa realidade, porque non se podera construir nada autentico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestions de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estrana presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambiguidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo e real ou se todo e froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicacion de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do publico e da critica, foi "e;Premio Protagonista Jove"e;, outorgado polos lectores catalans, e incluida nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustin Fernandez Paz ofrece, coa sua caracteristica mestria narrativa, unha obra na que aborda a recuperacion das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos sonos rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.