Milu vive coa sua nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posuen un don que os fai extraordinarios. O don de Milu e construir sonos. Coa escusa de que o edificio esta estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milu e os outros nenos e nenas tenen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares. Unha luminosa fabula social sobre o poder da imaxinacion infantil para sonar un mundo mellor. O optimismo e a fantasia propios da infancia convertense nesta historia nun antidoto contra a intolerancia e o odio, e fan posible o milagre de transformar en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a traxica realidade que padecen a diario multitude de persoas, vitimas das grandes desigualdades do mundo.