Na reunion de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacions preferentes son emisions perpetuas cuxo problema e a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. Todo respondeu -continua-, a unha estratexia planificada. A maioria de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningun tipo de risco. Pero non foi asi . Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: Aqui vai haber sangue. Matarte lentamente consolida a lina de modernizacion radical da novela negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregon e Todo OK. Dosificacion da informacion, economia expresiva, coidada estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle son caracteristicas desta novela impactante e inesquecible que presenta con claridade problemas claves do noso tempo.