Ao pe da Torre de Hercules aparece o cadaver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostibulos. Este sera o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorias que semellan ter un so punto en comun: a aplicacion da lei do talion. Esta novela, na que o policia Sanchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas doentes que loitan pola supervivencia, debelle o titulo ao poema de Rosalia A xusticia pola man . Antonio Tizon aproveita este contexto para afondar na tematica recorrente da vinganza, enlazada co 11-M como marco historico da trama, e volve incidir, como en obras anteriores, na impunidade do poder fronte ao crime ou na confusion entre a loucura e a maldade. Ainda que agora, en Lobos doentes , a narracion intenta tamen descifrar a escuridade que rodea certas tendencias sexuais.