Liquidacion de existencias conten historias que aparentan estar collidas das ruas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan comicas e tan absurdas que abalan entre a empatia e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Poligono Outlet no que todo esta de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e sonos. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Asi, como cadre. Nada esta fora do mercado. Vivimos nunha exposicion permanente. Oxidacion continua e renovacion de catalogos. Tamen nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade e boca a boca. Non se fie da pantalla. As dimensions da vida axustanse, por definicion, ao tamano do respectivo espazo comercial. Todo esta de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresion e os sucedaneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo.