Sofia, unha prestixiosa fotografa, internase nun agreste parque nacional de Suecia onde so e posible subsistir durante o estio. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fatima da desaparicion da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseandose nunhas indicacions ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofia deixou a mantenta. Fatima, ornitologa na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposible a sua localizacion. Poren, a mensaxe da antiga amante impulsaa a viaxar ata Lisboa. Ali visita unha exposicion fotografica en cuxas imaxes cre reconecer a Sofia. Cun foco iluminando sempre a ciencia e a arte, paixon das protagonistas, Libro das contrarias e unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacions de emocion plena.