O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Marina estaba prendida. Coabase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese sair da aldea, ese era, sen dubida, o unico paraiso posible. As veces a felicidade era tal que esquecia onde estaba e o perigo que corria. Facia mal en coller prestados os libros? A familia roubaranlle a casa para facer a residencia de veran do Xeneralisimo, asi que estaba no seu dereito. E ese veran pasarian tantas cousas que todo cambiaria de vez na vida de Marina, no Pazo de Meiras e, talvez, no pais enteiro...