Siirry suoraan sisältöön
  1. Kirjat
  2. E-kirjat ja äänikirjat

Iria

Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira levanos agora a fins dos sesenta, os anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E levanos a bordo dun pequeno galeon a vela que lle da o titulo, Iria, e que se converte no grande protagonista. As suas travesias pola Arousa e as suas remontadas polo Ulla, descritas co lexico nautico ainda vivo, parecen as veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeon, o traballo na construcion dun canal de regadio funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo marineiro. Pero tamen e toda unha metafora social e politica da epoca. Cosendo todolos fios, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifonica do Ulla e mais da Arousa. Concibida e escrita sen concesions, Iria e un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, un fito na narrativa galega contemporanea.

Kirjailija
Anxo Angueira
ISBN
9788499146522
Kieli
galicia
Julkaisupäivä
1.3.2014