Tina dezaoito anos e estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade de Belas Artes cando entrou como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Naquel ambiente de aire decadente e escuro, envelenado polo cheiro da fabrica monstruosa, ocorreu o incidente do que aparentemente non houbo testemunas. Deixandose levar polas dores da "e;migrana"e;, o educador rememora o horizonte daquel suceso traxico que lle deixara marcas perturbadoras capaces de variar o seu rumbo.