Habitar as fendas e unha reflexion sobre a vulnerabilidade propia a existencia humana. Interpela a quen le confrontandoo a unha violencia incomoda e as distintas capas do sufrimento. Tece un dialogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz as desposuidas, as que viven nas marxes e loitan por seguir caminando na superacion do abandono e dos multiples desencontros. A vida habita nas fendas, nesas feridas apenas cicatrizadas. A luz da resiliencia abrese paso nos intersticios, conectanos co presente e coas demais, nunha rede que nos sosten sobre o abismo. As veces, contra todo prognostico, a luz abrolla despois de abandonar todas as nosas loitas.