A ferida imaxinaria conta a historia de duas parellas de irmas distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso domestico. E tamen a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenomeno. As catro estan mergulladas na sua propia escuridade. Un acuario e unha casa de cristal, a vida corrente e a vida de artista, a amizade entre persoas desconecidas, as identidades duplas e a viaxe como unica maneira de permanencia son alguns dos elementos dunha novela que fala da busca de consolo e en cuxas paxinas xorde unha melodia inesperada que da conta das feridas da existencia. Berta Davila crea personaxes, situacions e paisaxes nunca antes vistas e, asi e todo, absolutamente proximas e familiares; concibe unha fabulacion ateigada de imprevistos, consonancias simbolicas e paralelismos tematicos capaz de producir, coma nos movementos dun ballet, unha sutileza narrativa onde nada carece de senso, e onde todo flue para provocar o asombro.