Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castano, A falsa autonoma solta un obus sobre contidos infrecuentes para a poesia e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades economicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de debeda, obediencia e autoexplotacion dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun campo cultural tan inzado de clarescuros. Unha voz, quer sarcastica, quer autocritica, desesperada ou rabiosa, profundamente politica, pon o foco na maquinaria a vez insaciable e degradante do capital, deixando ver que o mandato economico e, a fin e ao cabo, un mandato de miseria.