O Hotel Fantastique esta no medio do Salvaxe Oeste. Nas suas cocinas a pequena Esmeraldina e feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da sua avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da sua morte corre como a polvora entre os habitantes do alen, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contara coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar arana francesa que se convertera na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alen Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompana esta historia de medo e humor macabro, convertendoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cocineira defunta.