Despois de Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), En las orillas del Sar (1884) e un salto adiante e definitivo por parte da autora a hora de situarse na literatura moderna europea, na Weltliteratur . Contrariamente a vision da obra como unha dimision, demostrase aqui o seu intenso caracter nacional galego, tanto no historico-politico, como no cultural ou literario. O Sar da Terra de Iria e de Compostela-Conxo e o rio da vida da autora e mailo rio da sua literatura. Agora que se apaga e que remata, Rosalia edifica unha extraordinaria arquitectura lirica e formal para o acabamento, para as suas voces e os seus limites, para as suas dubidas e abismos. En las orillas del Sar e final e cume dunha escritora extraordinaria. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaista, ademais dos seus estudos sobre Mendez Ferrin ( A espiral no espello. "e;Bretana, Esmeraldina"e; e o sistema literario galego ), ven centrando as suas investigacions no Rexurdimento (Rosalia de Castro, Curros Enriquez e Fernandez Morales) e nas suas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edicion critica de En las orillas del Sar ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.