Denuncia do equilibrio , publicado en 1986 a contracorrente da poesia galega daquel momento, e un libro rabiosamente contemporaneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotia, das emocions e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias da conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbolica. Como di a poeta Olga Novo no limiar en Denuncia do equilibrio esta a altura, o precipicio, a conmocion .